Piratas da liberdade

17,00

É o primeiro libro que fai unha crónica «seria» do secuestro do barco Santa María.
Estuda os antecedentes das persoas que potagonizaron a toma, dos grupos políticos, das inquedanzas dos exiliados, das circustancias, das consecuencias…

É a historia dun secuestro do barco «Santa María» que fixo tremer as ditaduras españolas e portuguesa.

Hay existencias

Entre o 21 de xaneiro e o 3 de febreiro de 1961 o transatlántico portugués Santa María foi secuestrado, e convertido en Santa Liberdade, para lembrarlle ao mundo que aínda había en Europa dúas ditaduras
fascistas, a española de Franco e a portuguesa de Salazar; e tentar chegar ás colonias africanas para crear focos armados de loita pola independencia, que despois puidesen liberar as metrópoles, España e Portugal, dos seus réximes autoritarios. Conseguiron, principalmente, o primeiro propósito. Pero tamén animaron, e mesmo incitaron, a loita en diversos países. O secuestro do Santa María tivo unha influencia mundial non estudada até agora, e sorprendentemente descoñecida. É Piratas da liberdade unha homenaxe aos revolucionarios republicanos que loitaron contra o réxime franquista, destacando o papel fundamental de galegos como o poeta, mestre e revolucionario Xosé Velo, verdadeiro ideólogo de todo o
proxecto, o militar republicano Jorge de Sotomayor, ou o portugués Henrique Galvão.

Peso 0.100 kg
Autor

Xavier Montanyà

Idioma

Galego

Nº de páginas

212

ISBN

978-84-120184-1-7

Año edición

2019

Editorial

Positivas

Prazo de entrega