Píntame un camiño

8,00

Caderno para pintar ao redor do tramo da Vía da Prata-Camiño Mozárabe que discorre pola Limia e polo Arnoia.

Hay existencias

A ilustradora Lidia Nokonoko tira de imaxinación e delicadeza para compoñer láminas que apetece encher de cor. Neste caderno están representadas escenas en Allariz (Santa Mariña de Augas Santas, Armea, ponte de Vilanova, igrexa de Santiago), Baños de Molgas (balneario, santuario dos Milagres, Fonte das Ninfas, Santa Eufemia), Maceda (castelo, os felos do Entroido, serra de San Mamede) e Xunqueira de Ambía (colexiata, Beiro). Inclúe tamén un mapa do Camiño de Santiago nestas comarcas.

Este caderno publícase dentro do programa Xacobeo 2021 promovido pola Xunta de Galicia.

Peso 0.200 kg
Autor

Lidia Nokonoko

Ilustrador

Lidia Nokonoko

Idioma

Galego

Nº de páginas

32

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-121324-0-3

Año edición

2019

Editorial

Aira

Prazo de entrega