Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PEQUENA INGLATERRA

€16,50
ISBN 9788494880575
Pequena Inglaterra é unha das novelas máis senlleiras e vendidas da literatura grega contemporánea. Publicada por vez primeira en 1997 en Atenas, reportoulle á súa autora, a cretense Ioanna Karistiani, o Premio Nacional de Literatura de Grecia.

Dende aquela, sucedéronse as reimpresións e as traducións a multitude de linguas. Co mar Exeo e con Andros, a máis setentrional das illas Cícladas, como marco principal da acción, e alicerzada cos vimbios característicos dunha traxedia clásica, a obra, partindo da personaxe protagonista, Orsa Saltaferos, afonda nas vidas dunha comunidade de mariñeiros ao longo da primeira metade do século XX. Traballo, desgrazas, vodas e amores cruzados, vencellos irrenunciables, solitarias travesías, paisaxes agrestes, a guerra... O amor, a perda, as renuncias e a sororidade son catro temas cruciais que, con acerto lírico e solvencia narrativa, a autora aborda nunha historia poboada de personaxes que foi cualificada en ocasións como melodrama moderno, tamén en canto á súa complexa estrutura.

____

Editorial: Hugin e Munin