Pasado, presente e futuro do mundo rural

23,00

Feiraco, un modelo cooperativo de 50 anos.

 

Hay existencias

Nos derradeiros 50 anos, a presenza de Feiraco na comarca de Barcala e nas que conforman os municipio suroccidentais da provincia da Coruña tivo importantes e positivas consecuencias sociais, económicas e tecnolóxicas que, á súa vez, promoveron un cambio cultural nas familias, que pasaron a vivir preferentemente do leite.

O proceso integrador e de compromiso co rural con que naceu Feiraco consumouse recentemente cunha integración, que liderou, creando Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), un proxecto de portas aberta a todo o cooperativismo agroalimentario galego.

Este libro é froito da colaboración entre O Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), da USC, e a Fundación Feiraco, e contou coa participación dun grupo de profesores e investigadores galegos que, desde diferentes ópticas, analizan os retos actuais e as perspectivas de futuro do mundo rural en Galicia e o papel do cooperativismo.

Peso 0.100 kg
Autor

VV.AA

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-9151-336-0

Año edición

2019

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega