Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OURO DE OURENSE

€29,00
ISBN WP4140
Unha publicación do historiador e escritor ourensán Bieito Iglesias con fotografías de Xulio Gil que fai un percorrido, a través dunha visión persoal do autor, pola historia, a literatura e as imaxes da capital ourensá. En O Ouro de Ourense, Bieito Iglesias fai unha aproximación á cidade de Ourense que ensarilla a historia, a literatura, a anécdota, a arquitectura e a arte  

En O Ouro de Ourense, Bieito Iglesias fai unha aproximación á cidade de Ourense que ensarilla a historia, a literatura, a anécdota, a arquitectura e a arte, dende o punto de vista persoal, onde o coñecemento das sucesivas transformacións da cidade axudan ao lector a un percorrido engaiolante, con ritmo e humor, e con datos e un coñecemento exhaustivo da capital ourensá e de moitas das personaxes e figuras que foron construíndo a súa rexa personalidade. Esta obra de Engaiolarte Edicións mestura literatura e fotografía da man do fotógrafo ourensá Xulio Gil, que conta cunha traxectoria artística moi importante e que foi premio da Crítica de Artes Visuais e Plásticas 2013. Bieito Iglesias, un dos escritores galegos contemporáneos máis relevantes, con este libro consolida unha idea, debatida en moitas ocasións, sobre a singularidade da cidade literaria de Blanco Amor, Vicente Risco, Carlos Casares ou Otero Pedraio, entre outras moitas figuras que nuclearon a acción da súa obra literaria na vella capital das Burgas. Do múltiple material gráfico para a elaboración do libro, escólmase unha selección de fotografías coa que se elaborará unha exposición e un tríptico con apuntes literarios de Bieito Iglesias, en galego e con tradución ao castelán e o inglés.  

____