OS XOGUETES ESQUECIDOS

18,00

Un total de sesenta xoguetes, moitos deles esquecidos coma indica o título do libro, recóllense no primero volume de «Os xoguetes esquecidos». Son os xoguetes dos nosos avós e tamén dos nosos pais, feitos por eles mesmos con elementos naturais e que aquí se recollen ordeados alfabéticamente.

Agotado

Xosé López González e Xosé Manuel García son os autores de «Os xoguetes esquecidos», libro no que recuperaron aqueles compañeiros de xogo que estaban no seu maxín, e nas lembranzas de moita outra xente coa que foron conversando para completar unha publicación que case naceu por casualidade. Hai seis ou sete ano, segundo comentaba na presentación Xosé López, xurdiu a idea de recuperar os xoguetes «para o noso disfrute» e se decataron de que aquelo «era un pozo sen fondo». O punto de partida foi Vilanova de Lourenzá, pero logo abrangueu toda Galicia. Destacan, daqueles xoguetes, o seu carácter didáctico e que estaban feitos con elementos da propia natureza ou con materiais de refugallo. Cos datos que ían recuperando foron construíndo os seus propios xoguetes, coma cando eran nenos, e en febreiro de 2002 fixeron unha exposición de setenta daqueles xoguetes no Instituto Francisco Sánchez de Tui. Sorprendeulles a acollida a resposta dos rapaces tanto dos máis novos, de 12 a 14 anos, coma dos de 18. De aí partiu a idea de facer un libro impulsado por un compañeiro de instituto, Bieito Alonso. Conqueriron máis información noutra exposición que fixeron para o público en xeral, en Vilanova de Lourenzá, e con pericia foron buscando os elementos necesarios para reproducir os xoguetes do xeito máis fiel, nalgún casos con difilcutades para empregar os mesmos elementos de antano, coma por exemplo un carrete de fío feito de madeira. No verán pasado déronlle o gran impulso ó primeiro exemplar do libro, que vén de ser presentado, e traballando xa no segundo volume. Aquí recollen os xoguetes tradicionais co xeito e elementos para facelos, cunha detallada construcción, e tamén contextualizados na época do ano en que xurdían , e todo elo ilustrado polos debuxos feitos por Xosé Manuel García a partires dos orixinais. O libro pode atoparse xa nas librerías en dúas eidcións: unha con capa móbil e a otra moito máis coidada. O libro senta a primeira base da bibliografía específica sobre os xoguetes tradicionais, xa que ata o momento so existían publicacións sobre os xogos

Peso 0.5 kg