OS SANGUES

18,50

Féléor Barthélémy Rü posúe unha inmensa fortuna e un desexo desmedido pola carne crúa e a brutalidade. Recréase nestes praceres xunto coas súas esposas e vítimas, que lonxe de fuxir do ogro, acoden a el por propia vontade, dispostas a deixarse levar polas máis escuras fantasías. Estas sete mulleres explican nos seus diarios quen son e por que se entregan a el.

Hay existencias

Nesta obra, Audrée Wilhelmy reimaxina o personaxe clásico do ogro Barba Azul, e faino a través da mirada das súas mulleres: Mercredi, Constance, Abigaëlle, Frida, Phélie, Lottä e Marie, que escriben sete pequenos cadernos íntimos nos que relatan as súas experiencias con Féléor. Este decide reunilos e anotalos en memoria das súas esposas.

TRADUCIÓN DO FRANCÉS DE MOISÉS BARCIA.

Audrée Wilhelmy (Cap-Rouge, 1985) é unha das escritoras francocanadenses máis destacadas da súa xeración. A súa primeira novela, Oss (2011), chamou a atención da crítica canadense e foi finalista en 2012 do Premio do Gobernador Xeral. Con Os sangues, a súa segunda novela, gañou o Premio Sade 2015 e foi finalista do Premio dos Libreiros de Quebec, do Premio dos lectores de l’Hebdo, e do Premio France-Québec, entre outros.

Peso 0.100 kg
Idioma

Galego

Nº de páginas

150

ISBN

978-84-17388-42-3

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2020

Editorial

Rinoceronte

Prazo de entrega