Os ríos de Galiza

20,00

Un libro publicado no 2007 pola Editorial A nosa Terra e que aporta unha descripción moi boa e completa dos ríos máis importantes de Galicia.

Así trata o  traballo xeolóxico dos ríos, a vida nos ríos, o aproveitamento, as pontes, pontellas, pontillóns,  etc. Fai unha descripción xeográfica completa e toca outros moitos detalles dos ríos máis importantes.

 

Hay existencias

SKU: ABR001495 Categorías , Tag:

Un dos elementos fundamentais da configuración da paisaxe galega é a existencia dunha ampla e densa rede fluvial formada por miles de ríos e regueiros que recollen as augas das abundantes choivas e das fontes. Non hai aldea, lugar, vila ou cidade que non teña o seu río.

          A pouco que nos afastamos dos núcleos de poboación e das estradas, que enchen de ruído os milleiros de automóbiles que os transitan, chega ao noso ouvido un constante e variado son procedente de entre os árbores e a vexetación. É a música dos dez mil ríos e regatos, que en forma de veas de auga, conforman e vivifican este vello país irmanado coa chuvia.

          Os cursos de auga en Galiza, desde o illó ou poza onde agroma unha fonte, até o maxestuoso Miño, estiveron sempre unidos ao diario vivir dos galegos. Con eles apagaron a sede, lavaron a r roupa, regaron os prados, moveron os muíños, batáns, mazos, serradeiros e dinamos para producir enerxía eléctrica. Moldearon a variada paisaxe do país e foron xeradores de lendas e tradicións que forman parte do noso patrimonio natural.

         Todos os galegos gardamos na memoria o río da nosa infancia. Evocamos as primeiras aventuras e xogos que tiveron escenario as súas orelas, sinaladas polos amieiros e bidueiros nas estremas das leiras e dos prados. Bañámonos nas súas frescas e transparentes augas, fixemos navegar improvisados barcos e tentamos pillar fuxidías troitas e outros peixes.

         Hoxe dóenos a situación na que se atopan moitos deles por mor das presas, centrais hidroeléctricas, contaminación das súas augas, alteración dos seus ecosistemas, invasión das súas marxes e outras agresións. Por iso queremos dar a coñecer todos os seus aspectos e demandamos a urxente protección e recuperación do noso patrimonio natural fluvial, con toda a súa biodiversidade de flora e fauna e o seu riquísimo patrimonio etnógráfico e histórico-cultural.

Peso 0.99 kg