Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA

€29,95
ISBN 9788484874737
Nun primeiro inventario, este libro pon de manifesto que aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquistas en 87 concellos: rúas, retratos, placas, esculturas e todo tipo de distincións que exaltan, honran e distinguen golpistas, franquistas e criminais.  

Fundacións franquistas; malfeitores e servidores da ditadura son premiados con títulos nobiliarios; a familia Franco conserva propiedades que roubou e recibe todo tipo de privilexios; policías torturadores conservan as medallas e incrementan a súa pensión pola actividade criminal na ditadura franquista. Todo isto xa foi denunciado en numerosas ocasións por organizacións internacionais e comisións de dereitos humanos da propia ONU, sen que esas denuncias fosen atendidas polo goberno. A permanencia da simboloxía franquista é unha exaltación das persoas que participaron en 1936 no golpe de Estado contra a República e das que formaron parte dos gobernos da ditadura, colaboraron ou ocuparon cargos de responsabilidade nas distintas institucións do franquismo. Actualizado até marzo de 2020, xa coa chegada do Coronavirus, recolle tamén no seu interior todas as distincións e rúas que ten o rei Juan Carlos na Galiza, "que moi pouca xente pode defender hoxe despois de coñecer novos casos de corrupción da monarquía Borbónica". Na capa presenta unha fotografía do ex presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, realizando o saludo fascista, unha imaxe de alto impacto que "resume moi ben os restos do franquismo e a necesidade da recuperación da memoria histórica", sinala o autor, que sostén que hai que entender eses restos do franquismo que dan nome ao libro "dun xeito amplo, non limitado á simboloxía franquista, porque a supervivencia do franquismo ten múltiples manifestacións. Que o ministro da ditadura Rodolfo Martín Villa, por exemplo, teña hoxe a Medalla de Ouro de Galicia, é unha vergoña para Galiza e unha clara expresión dos restos do franquismo". O seu obxectivo é contribuír "a que todas as organización políticas tomen un pouco máis en serio a eliminación desta simboloxía e actúen cun mínimo de coherencia. Se unha alcaldía do PSOE retira en Ferrol en 1981 a rúa Salgado Torres (falanxista e represor) non podemos ter a esa mesma persoa na Coruña dando nome a unha avenida e a un colexio".

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego