Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS MILAGRES DE VILASECA DO RÍO

€14,00
ISBN 9788417094652
Nunha aldea de nome ficticio nas proximidades de Vilalba, Cunqueiro, convertido en personaxe literaria, exerce un poder benéfico derivado da súa popularidade e bonhomía, cal eficaz conseguidor disposto a apoiar as causas nobres e xustas dos protagonistas do relato.  

O marco xeográfico en que a acción de "Os milagres de Vilaseca do Río" se desenvolve non se afasta moito da área mindoniense, pois ten o seu centro nunha aldea de nome ficticio nas proximidades de Vilalba, terras por onde Cunqueiro, convertido novamente en personaxe literaria, exerce un poder benéfico derivado da súa popularidade e bonhomía, cal eficaz conseguidor sempre disposto a apoiar causas nobres e xustas con base nos seus múltiplos saberes e nas súas privilexiadas relacións persoais.
Mantéñense tamén "Os milagres de Vilaseca do Río" nun ámbito temático moi próximo ao do grande escritor mindoniense, pois permanece en certo modo o curandeirismo presente en novelas anteriores, agora a través da acción sanadora do balneario construído en Vilaseca do Río, e incorpórase outro tema igualmente ben cunqueiriano, o do viño que se vai producir nesa modesta aldea pola intercesión milagreira do seu santo patrón Isidro Labrador. Dous mundos, por tanto, o do termalismo e o da produción vinícola, ben tradicionais e populares na sociedade galega, que gardan relación entre si, pois ambos precisan da auga como elemento motor e tamén os dous se asocian ao lecer e ao gozo dos praceres da vida. Todo isto narrado a través dunha sinxela historia de amor, que desemboca en feliz matrimonio, sendo a que opera como fío condutor do relato.
En fin, as persoas que enfronten a lectura desta obra van achar nela moitos dos trazos singulares que caracterizan a escrita literaria de Antonio Balboa.

____

Editorial: Edicións Fervenza
Idioma: Gallego