Os milagres de Vilaseca do Río

14,00

Nunha aldea de nome ficticio nas proximidades de Vilalba, Cunqueiro, convertido en personaxe literaria, exerce un poder benéfico derivado da súa popularidade e bonhomía, cal eficaz conseguidor disposto a apoiar as causas nobres e xustas dos protagonistas do relato.

 

Hay existencias

Category: Etiquetas ,
O marco xeográfico en que a acción de «Os milagres de Vilaseca do Río» se desenvolve non se afasta moito da área mindoniense, pois ten o seu centro nunha aldea de nome ficticio nas proximidades de Vilalba, terras por onde Cunqueiro, convertido novamente en personaxe literaria, exerce un poder benéfico derivado da súa popularidade e bonhomía, cal eficaz conseguidor sempre disposto a apoiar causas nobres e xustas con base nos seus múltiplos saberes e nas súas privilexiadas relacións persoais.
Mantéñense tamén «Os milagres de Vilaseca do Río» nun ámbito temático moi próximo ao do grande escritor mindoniense, pois permanece en certo modo o curandeirismo presente en novelas anteriores, agora a través da acción sanadora do balneario construído en Vilaseca do Río, e incorpórase outro tema igualmente ben cunqueiriano, o do viño que se vai producir nesa modesta aldea pola intercesión milagreira do seu santo patrón Isidro Labrador. Dous mundos, por tanto, o do termalismo e o da produción vinícola, ben tradicionais e populares na sociedade galega, que gardan relación entre si, pois ambos precisan da auga como elemento motor e tamén os dous se asocian ao lecer e ao gozo dos praceres da vida. Todo isto narrado a través dunha sinxela historia de amor, que desemboca en feliz matrimonio, sendo a que opera como fío condutor do relato.
En fin, as persoas que enfronten a lectura desta obra van achar nela moitos dos trazos singulares que caracterizan a escrita literaria de Antonio Balboa.
Peso 0.100 kg
Autor

Antonio Balboa Salgado

Idioma

Galego

Nº de páginas

78

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-17094-65-2

Año edición

2019

Editorial

Edicións Fervenza