Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS LAPIS PRIMOS

€15,50
ISBN 9788498715347
Xa sabemos que para escribir podemos utilizar lapis, bolígrafos, plumas, rotuladores, xiz... mais, que pasaría se tentásemos facelo cos primos dos lapis? Quen veñen sendo? Para descubrilo, na súa primeira colaboración con OQO editora, o autor José Antonio Ramírez Lozano mergúllanos nun mundo de fantasía no que xoga a experimentar con novas formas de escritura. Argumenta que: ... a linguaxe, na súa xenerosidade, admite conexións e espazos que non se reducen ao mundo rutineiro no que nos desenvolvemos. Desta maneira, páxina tras páxina, o lector sorprenderase coas diferentes oportunidades que lle brindan os diversos utensilios propostos polo autor. Coma se dun xogo se tratase, coñecerá a cor, o cheiro de certas palabras e mesmo ata cal é a perruquería onde van. Con paciencia, aprenderá a escribir cunha cana de pescar ou enfiará historias escritas cunha agulla. Dando renda solta á súa imaxinación, o lector mergullarase nun mundo libre, aberto a calquera posibilidade. A proposta plástica de Natalie Pudalov non deixará indiferente ao lector. Desde a cuberta, convídanos a percorrer unha e outra vez coa nosa mirada as páxinas do libro á procura de múltiples detalles que espertarán a nosa curiosidade e potenciarán a nosa creatividade. Fermosas imaxes, repletas de cor, que xogan coas palabras e destilan liberdade e poesía. Un álbum no que texto e imaxes se complementan e se alían para amosar, desde un punto de vista que quizais nunca tiñamos contemplado, as infinitas posibilidades da escritura. Como ben di o seu autor: Os lapis primos reivindican o virtuosismo da imaxinación e a liberdade das palabras para tecer o soño da auténtica poesía.

Os lapis nin o imaxinan. Non saben que teñen primos nin parentes de raíz. Descubrimos que eles son algúns sobriños do xiz e outros netos do tizón.

____

Editorial: OQO editora
Idioma: Gallego