Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS FOXOS DO LOBO. A CAZA DO LOBO NA CULTURA POPULAR

€33,00
ISBN 9788461412051
Unha obra con numerosos datos inéditos sobre a caza do lobo no cuadrante noroeste da Península Ibérica. Foxos é o nome común con que se coñecen en Galicia as trampas históricas construídas para cazar lobos.

Segundo a súa forma e a técnica de captura empregada, clasifícanse en cinco tipoloxías elementais: simple, de converxencia, de dobre converxencia, de cruz e de cabrita, coas súas variables en canto á denominación dialectal.

Editado en galego e castelán, Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular é o resultado dun profundo traballo de investigación levado a cabo sobre o terreo polo arqueólogo David Pérez López no cuadrante noroeste peninsular, que é unha zona case exclusiva a nivel mundial e onde mellor se conservan. Unha área localizada ao norte do río Douro e que comprende as comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, Euskadi e o norte de Portugal. No libro descríbense os métodos de caza empregados tradicionalmente na Península Ibérica para capturar ao animal, así como diversos datos datos inéditos que a converten nunha obra pioneira, ao incorporar, entre outros, fichas coa catalogación técnica de numerosas destas construcións e o traballo de escavación científica, dirixida polo propio autor, sobre un foxo con sorpresa. Todo iso complementado con varios apartados dedicados á bioloxía e comportamento do Canis lupus, mitoloxía e cultura popular, relación coas comunidades agrogandeiras, a batida, análise e características de cada tipoloxía de foxo, arquitectura do pastoreo, descrición doutras técnicas tradicionais de caza do lobo, etc. En fin, unha obra que non deixará indiferente ao lector, achegándolle todos os datos necesarios para entender a relación home-lobo ao longo da historia. Un libro respectuoso co animal e coas persoas, no que se achegan propostas para lograr o equilibrio entre estes dous protagonistas.        

____

Editorial: Libros Canela
Idioma: Castellano