Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS FÍOS DE INFANTIL

€14,00
ISBN 9788491510635
Traballo gañador do XXXVI Premio Marta Mata de Pedagoxía 2016. Esta edición contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Un libro que emociona, que achega o coñecemento e as experiencias de dúas mestras comprometidas coa calidade e a innovación educativas. As súas ideas brillantes, as reflexións cheas de sentido, as críticas consistentes fan desta obra unha guía de recursos que melloran as competencias profesionais dos mestres e os coñecementos dos pequenos e das pequenas, lonxe de modas pasaxeiras e de urxencias burocráticas. Un libro que inspira para que cada persoa que o lea atope o seu propio camiño. Unha decidida aposta holística por unha escola segura de si mesma, pola calidade, pola creatividade, pola vida, pola educación integral, a favor dos nenos e das nenas e, tamén, das súas familias. Unha reflexión e uns recursos froito dunha práctica cotiá continuada, cunha base científica e unha técnica solvente e actual.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego