os fillos do lume

Os fillos do lume

21,00

Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer.

Hay existencias

E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos.Regresan os personaxes de “Os fillos do mar”, a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.
Descargas

Peso 0.500 kg
Autor

Pedro Feijoo

Idioma

Galego

Nº de páginas

504

ISBN

9788491212317

Año edición

2017

Editorial

Xerais

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)