os europeos en-abrantes-

OS EUROPEOS EN ABRANTES

13,00

Os europeos en Abrantes é unha novela desgraciadamente inconclusa onde Vicente Risco parodia e fai mofa desa especie de intelectuais «de libro» que abondaban nos cafés da época.

Hay existencias

Categorías: , Etiquetas: ,

A aldea de Abrantes, no interior de Ourense, está a piques de ollar un acontecemento histórico. O seu médico, home intelectual que cultiva as máis refinadas amizades na cidade de Oria, ten a intención de organizar un retiro de verán que encherá ese lugar remoto e miúdo dunhas xentes estrañas e obsesionadas coas novas ideas traídas polaciencia. Estes «europeos», seareiros in-condicionais do saber libresco e teórico, organizan a súa coloniade vacacións en función das teorías máis anovadoras chegadas desde alén das fronteiras do país.

Os europeos en Abrantes é unha novela desgraciadamente inconclusa onde Vicente Risco parodia e fai mofa desa especie de intelectuais «de libro» que abondaban nos cafés da época.

Esta edición acompáñase dun extenso estudo preliminar de Antía Monteagudo e do facsímile do orixinal, que se publicou seriado en dous números da revista Nós.

Peso 0.100 kg
Autor

Vicente Risco

Idioma

Galego

Nº de páginas

90

ISBN

978-84-942726-9-1

Año edición

2017

Editorial

Urco

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)