os donos das-cinsas-capa-promo-471x710

OS DONOS DAS CINSAS

17,00

Este non é un libro sobre corrupción. As eivas dun sistema que algúns disfrazan, moitos aproveitan e a maioría descoñece permiten a contratación de persoal funcionario a dedo, amañar oposicións, adxudicar obra pública a amizades ou pór e quitar xuíces afíns ao partido político no poder… mais sen incumprir lei ningunha.

Hay existencias

―Isto é legal, non? Pois se é legal, é ético. Non hai máis volta!
―Se é legal é ético? De verdade cres o que dis? Revisa algo de historia, mesmo de xeografía política: a de horrores que se fan no mundo en base a leis que son de todo menos éticas, morais ou humanitarias.
―Estás moi equivocada. Quen pode dicir o que é ético e o que non o é, senón a Lei? Ou deixamos todo ao arbitrio e ás prevaricacións que queira facer cada quen?

Este non é un libro sobre corrupción. As eivas dun sistema que algúns disfrazan, moitos aproveitan e a maioría descoñece permiten a contratación de persoal funcionario a dedo, amañar oposicións, adxudicar obra pública a amizades ou pór e quitar xuíces afíns ao partido político no poder… mais sen incumprir lei ningunha. O mesmo que a fidelidade á parella, unha persoa só poderá declararse honrada nese momento: cando se presenta a oportunidade perfecta para non selo. E para o alcalde de Ronsaño, un home cercado por complexos propios e intereses alleos, decidir en diferentes momentos da súa vida non será sinxelo.

Os Donos das Cinsas, Premio Risco de Creación Literaria na súa XVII edición, emprega a ficción para contar actualidade e a novela para facer xornalismo. A ética, a política, os novos movementos, o caciquismo, a xustiza, as leis e as trampas legais mestúranse nunha historia de evolución humana e deriva familiar na que nunca hai nada «bo», senón «bo para algo».

Peso 0.100 kg
Autor

BENI YÁÑEZ

Idioma

Galego

Nº de páginas

188

ISBN

9788416121847

Año edición

2017

Editorial

Urco

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)

Premios

XVII Premio Vicente Risco de Creación Literaria