Oferta
Os dalís_de_Dalí

Os dalís de Dalí

18,00 9,95

Este catálogo está dedicado a unha exquisita selección de 50 obras, entre óleos, acuarelas e debuxos, pertencentes aos fondos da fundación que leva o seu nome e o da súa esposa e musa; son, polo tanto, na súa maior parte, obras que permaneceron con el ata o seu falecemento

Sólo quedan 1 disponibles

Categoría: Etiqueta:

Salvador Dalí é un dos artistas plásticos máis coñecidos do século XX, gozou desde moi novo dunha inmensa popularidade. Foi un apaixonado provocador e un visionario, tamén un perfeccionista, un miniaturista meticuloso, tecnicamente impecable, e un profundo coñecedor dos grandes mestres da pintura.

Este catálogo está dedicado a unha exquisita selección de 50 obras, entre óleos, acuarelas e debuxos, pertencentes aos fondos da fundación que leva o seu nome e o da súa esposa e musa; son, polo tanto, na súa maior parte, obras que permaneceron con el ata o seu falecemento. O conxunto conforma unha visión representativa de toda a traxectoria daliniana, desde os anos vinte ata comezos dos oitenta. Inclúese o poema «Oda a Salvador Dalí» (Revista de Occidente, 1926) de Federico García Lorca e o texto do propio Dalí titulado O burro podre, dedicado a Gala Éluard.

 

Peso 0.500 kg
Autor

VV.AA.

Idioma

Castellano, Galego, Inglés

Nº de páginas

164

ISBN

978-84-95491-66-4

Año edición

2003

Editorial

AFUNDACIÓN

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)