Os ciclos do bambú

10,00

Os ciclos do bambú descóbrenos unha Asia insólita: o antigo imperio do Vietnam, os costumes funerarios de Bombai, os soños dun lama ou o metro de Hong-Kong, como escenario da perda da identidade.

Hay existencias

Cada libro de Xavier Queipo é unha nova aventura, un percorrido por mundos e paisaxes sorprendentes, tamén unha exploración do que se agocha nos adentros do ser humano.
A presenza de Asia na narrativa de Queipo xa tivera moi boa acollida por parte dos lectores e lectoras, ao xurdir en libros como Ringside e a novela Malaria sentimental. Nunca ata o de agora o escritor dedicara un libro a percorrer distintos ámbitos das culturas asiáticas, recreando e experimentando cos xeitos de narrar as historias do continente ou utilizando o senso do humor e o xogo textual como fai en Os ciclos do bambú.

Peso 0.200 kg
Autor

Xavier Queipo

Idioma

Galego

Nº de páginas

128

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-8288-748-7

Año edición

2004

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega