Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS BORBÓNS: UNHA MONARQUÍA ESCANDALOSA

€19,70
ISBN WP4260
Este libro fala do que non se pode dicir, nin divulgar: temos una monarquía corrupta, cunha tradición de reis e raiñas implicados en negocios, que utilizaron o trono para seu enriquecemento. Un repaso ao trono de España baixo a lupa da Memoria Histórica. A herdanza do franquismo «Esta é unha ferramenta de combate para derrotar á dereita», afirmaba Manuel Monge sostendo un exemplar de Os borbóns: unha monarquía escandalosa, con esas palabras definía así este documento de 340 páxinas o seu autor  

Este libro fala do que non se pode dicir, nin divulgar: temos una monarquía corrupta, cunha tradición de reis e raiñas implicados en negocios, que utilizaron o trono para seu enriquecemento. O rei Juan Carlos era o “jefe” da trama corrupta do Instituto Nóos, onde están implicados Iñaki Urdangarín e a súa esposa, a infanta Cristina. Temos una monarquía caduca, desprestixiada, que non ten futuro e que non foi elexida polo pobo. A chamada dinastía borbónica non existe e ten pouco de exemplar. Dadas as numerosas relación de reis e raiñas con amantes é moi difícil saber que e o pai ou a nai de moitas infantas e infantes. O rei Alfonso XII, coñecido como “El puigmoltejo”, non era fillo, de Francisco de Asís de Borbón y Borbón, esposo da raiña Isabel II, senón de Enrique Puigmoltó i Mayáns, tenente de enxeñeiros. O que cualifican moitos libros de historia de historia como o “Réxime”, que tivemos de 1936 a 1977, foi en realidade una ditadura criminal, equiparábel, segundo a ONU, á Alemaña nazi e a Italia fascista de Mussolini. Foi o ditador Franco quen elixiu a Juan Carlos en 1969 como o seu sucesor e o futuro rei xurou fidelidade ao Caudillo Franco e ás leis da ditadura. Cando se cumpriron xa corenta anos da morte do ditador, aínda quedan moitos restos do franquismo, como o Pazo de Meirás e unha gran fortuna da familia Franco. Unha Fundación, que recibe fondos públicos para lembrar e enaltecer a figura do ditador. Simboloxía fascista por todo o Estado e 150.000 persoas vitimas da represión continúan en cunetas e foxas. Permanecen as distincións honoríficas e títulos nobiliarios a golpistas e criminais, que se sentaron nos consellos de ministros presididos por Franco. Mentres tanto, Felipe VI, o mesmo que o rei Juan Carlos, aínda non condenou a ditadura franquista. Está en marcha a Querela Arxentina para xulgar os crimes do franquismo, que gozan aquí de impunidade porque, en virtude do pacto da Transición, os sucesivos gobernos de UCD, PSOE e PP interpretaron a Lei de Amnistía de 1977 como una lei de punto final.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego