Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS BOLECHAS ONE2THREE. CURSO DE INGLÉS

€49,00
ISBN 9788461712946
Os Bolechas one2three chega tras a súa emisión na televisión. O curso, ademais dos capítulos da serie, inclúe libros e material para iniciarse no inglés da forma máis divertida. O curso preséntase nun divertido maletín onde os cativos atoparán tres libros: unha Unidade didáctica cos 13 temas do curso en forma de conto bilingüe.

O curso preséntase nun divertido maletín onde os cativos atoparán tres libros: unha Unidade didáctica cos 13 temas do curso en forma de conto bilingüe, para que as nenas e nenos se introduzan no inglés cunha divertida historia dos seus personaxes preferidos; un Caderno de exercicios, con dous niveis de dificultade, para reforzar os coñecemento adquiridos na Unidade didáctica e co visionamento da propia serie, e un Caderno de actividades para seguir afondando en todo o aprendido mentres se goza de divertidos xogos consistentes en colorear, recortar, debuxar, memorizar etc. Trátase de lograr a aprendizaxe natural do idioma, similar á que se fai coa lingua materna da man duns personaxes, Os Bolechas, que xa xogaron un papel determinante na aprendizaxe do galego como primeira lingua. Os capítulos da TVG e unha web específica O maletín inclúe tamén dous DVD con todos os capítulos da serie Os Bolechas one2three así como un agasallo moi especial: un metro magnético para que os cativos vexan como medran a medida que o fan os seus coñecementos.   Co aval da USC O curso de inglés foi elaborado por un equipo de filólogos, lingüistas, educadores e pedagogos que traballaron directamente nos dous idiomas da serie: galego e inglés, e na forma de ensinalo a través dos principais medios que manexan hoxe en día os cativos: a televisión, os libros e internet. Un intenso traballo de moitos meses que estivo apoiado pola Facultade de Ciencias da Educación de Santiago e que conta co aval da Universidade de Santiago de Compostela, o que constata o valor didáctico do curso e a súa relevancia.

____