O cotián e o sorprendente tecen a narración, con super modelos, xornalistas «de raza», con música de Sam Cooke, romances de nenez, mocidade eterna de gata cíngara, trasnos náufragos… e violencia, baixos fondos, ilusións rotas, enfermidade, celos e a propia vida posta ao límite. Malia todo isto, en todas queda un pequeno canto á esperanza e a ilusión por unha realidade mellor…
Cada lector ou lectorá terá que decidir con que parte queda, se asume a crueza de fondo ou pervive nese soño en que os protagonistas tamén quererían vivir, cómplices da dúbida e do esquecemento.