Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS ANOS ESCUROS

€24,50
ISBN 9788482887371
Os anos escuros de Franco Grande é o testemuño dunha época fundamental para a cultura galega. Galaxia publícao nunha nova edición ampliada. Franco Grande transmítelle ao lector ou lectora o pulso e o ambiente do que foi a resistencia cultural dunha xeración.


A renovación da Real Academia Galega, o papel de figuras como Ramón Piñeiro, Borobó e Domingo García Sabell e a evolución do galeguismo ata a chegada da democracia son algúns dos eixos que Xosé Luís Franco Grande escolle para trazar o retrato dunha xeración e dun tempo no que a cultura serviu como muro de resistencia fronte á represión franquista das reivindicacións de Galicia como cultura e nación con identidade de seu. A man do poeta recoñécese na viveza coa que relata aqueles anos trascendentais. A reflexión sobre o pasado e, a par dela, a recuperación da memoria histórica fan de Os anos escuros un libro indispensable para entendermos a Galicia de hoxe. Feitos e persoeiros dunha época xorden das páxinas deste libro no que historia, lembranzas e literatura conflúen para nos achegar parte da realidade galega do século XX nunha visión persoal e intensa.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego