Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ORONOKO

€12,00
ISBN WP2421
Son máis ben escasas as novelas británicas do século XVII que os lectores actuais podemos ler e gozar sen esforzo.Oroonoko (1688) é unha desas poucas excepcións, xa que contén a dose xusta de aventura e descrición e, sobre todo, unha moi interesante denuncia do sistema escravista, pincelada, claro está, cos valores dun colonialismo en pleno apoxeo.

Son máis ben escasas as novelas británicas do século XVII que os lectores actuais podemos ler e gozar sen esforzo.Oroonoko (1688) é unha desas poucas excepcións, xa que contén a dose xusta de aventura e descrición e, sobre todo, unha moi interesante denuncia do sistema escravista, pincelada, claro está, cos valores dun colonialismo en pleno apoxeo. A novela narra a historia dunha tráxica relación amorosa entre escravos, e faino cunha trama lineal estruturada de maneira aglutinante, con trazos de drama teatral, relato e biografía; xa que logo, é relativamente próxima ao estilo literario da novela moderna, de aí que con frecuencia se afirme que se trata dunha das primeiras novelas inglesas modernas. Non cabe dúbida de que ten unha enorme importancia pola súa descrición literaria do «bo salvaxe». Por ese e outros motivos, Oroonoko é unha novela que segue a xerar multitude de estudos, teses e análises en todo tipo de cenáculos literarios.

____