Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ORLANDO

€12,50
ISBN 9788494257001

Publicada en 1928 por Hogarth Press, o selo editorial fundado por Virginia Woolf e o seu marido, Orlando é a un tempo novela, xogo e, como ben dixo o fillo da interesada, unha fermosa carta de amor a Vita Sackville-West, de quen Orlando é trasunto.



Facendo viaxar á súa protagonista a través dos xéneros e as épocas, Woolf ofrécenos un repaso á historia do Reino Unido desde o período isabelino á Primeira Guerra Mundial, pasando por críticas diversas aos convencionalismos sociais máis arraigados, até chegar á imperecedeira declaración de amor que constitúe a súa cerna.
Virginia Woolf (Londres, 1882- Sussex, 1941) renovou, na súa curta vida, a narrativa abríndose camiño e afianzándose no mundo eminente e ferozmente masculino da literatura inglesa. Muller de profundas inquedanzas intelectuais, soubo plasmar a tremenda fragmentación do seu tempo, que tamén sufriu, entregándose a unha vida completa da que a literatura formou parte inseparable.

____

Editorial: Irmás Cartone
Idioma: Gallego