Oracións profanas

13,00

III Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía

 

Hay existencias

Category: Etiquetas ,

O conxunto de poemas que presentou seguen «a liña do que estou escribindo ultimamente, o destino do ser humano», apunta, precisando que no caso de ‘Oracións profanas’ está presente «en todo o poemario un ton desesperanzado», froito da «afectación polo que sucede na vida».

«A superior harmonía destes versos, a súa elaborada arquitectura tanto de conxunto coma microtextual revelan unha imaxinería fulgurante que convida a reler o río da memoria que nos leva neste presente intenso e avolto que nos tocou vivir», conclúen os integrantes do xurado para avalar a súa escolla entre as obras presentadas, das que tamén quixeron destacar a súa calidade «que evidencia o estado de magnífica saúde da nosa poesía».

O premio «que leva o nome do máis insigne poeta de Guitiriz» está dotado con 2.000 euros e a publicación da obra a cargo de Espiral Maior.

Peso 0.100 kg
Autor

Xurxo Alonso

Idioma

Galego

Nº de páginas

54

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-947906-9-0

Año edición

2019

Editorial

Espiral Maior