Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ONTE

€14,00
ISBN WP2205
O exilio, o desarraigo e a vida de autómata dun obreiro industrial aparecen esbozados nesta narración concisa, fría e transparente, a través do relato do protagonista, ora Sandor ora Tobias. O amor incestuoso pola súa medio irmá e a escritura nunha lingua que non é a propia son a súa única salvación nunha realidade gris, nunha vida de mentiras e de renuncia.

Cun estilo austero e sen verniz, entrecortado por pasaxes simbólicas e delirantes froito da mente do seu personaxe principal, a autora preséntanos un mundo no que o mañá é incerto, no que só persiste o vivido onte, o peso do pasado.

____