Olimpia Valencia. Ocho décadas de historia desde los ojos de una pionera

12,00

Achegamento á vida dunha auténtica pioneira que non se acovardou en romper teitos e tabús…

Foi a primeira muller galega en ingresar, fai xa un século, na facultade de Mediciña, así como a primeira en exercer con consulta propia en Vigo.

Hay existencias

nada en Baltar o 14 de decembro de 1898 e finada en Vigo o 10 de xullo de 1987, foi a primeira galega titulada en Medicina. Foi especialista en xinecoloxía

En 1928 trasladouse a Vigo. Pon en marcha un consultorio de medicina xeral e de xinecoloxía, na rúa do Príncipe número 11, onde vai exercer a profesión ata a súa xubilación, non exenta de dificultades ao principio pola súa condición de muller. Olimpia mantén conexión coa investigación e preocúpase por contactar coas técnicas e os avances médicos que se estaban a dar no estranxeiro, en 1929 solicita unha bolsa á Junta para Ampliación de Estudios para ampliar coñecementos en clínicas xinecolóxicas de Alemaña e Suíza.

Foi unha das fundadoras da Academia Médico-Quirúrgica de Vigo (1930), institución onde chegou a ser vicepresidenta (1935). Como investigadora, presentou un relatorio nas I Jornadas Médicas Gallegas (A Coruña, 1929). En 1934 fixo unha comunicación na Academia de Vigo (La mujer gallega ante el homenaje a Paz Pardo). Tamén foi membro fundadora da Alianza Francesa de Vigo.

Muller de inquietudes culturais, vinculada a Galicia, tivo relación con varios recoñecidos intelectuais e galeguistas, como Valentín Paz-Andrade, Álvaro das Casasou Ramón Fernández Mato. Aceptou encabezar en xuño de 1931 un chamamento de apoio aos candidatos galeguistas da provincia de Pontevedra e outro en xuño de 1936 en prol do SI no Plebiscito do Estatuto Galego, ambos os dous documentos estaban asinados só por mulleres. En febreiro de 1937 foi detida e pasou catro días no cuartel da Garda Civilacusada de pertencer ao Partido Galeguista e de ter trato con xente de esquerdas. Os bos informes sobre o seu comportamento e un «donativo» conseguiron que saíse en liberdade. Os anos seguintes foron de gran dureza: acusada de «roja», moitas persoas deixaron de ir á súa consulta. Na década de 1940 conseguiu un posto na Seguridade Social e xubilouse na década de 1960.

Formaba do parte do comité organizador das Jornadas Médicas Galaico-Portuguesas celebradas en 1958.

Olimpia Valencia seguiu a traballar con máis de oitenta anos na súa consulta particular, na liña dunha vida austera dedicada á profesión e ao estudo. Morreu no verán do ano 1987

Peso 0.500 kg
Autor

Ana Fuentes

Idioma

Castellano

Nº de páginas

113

ISBN

978-84-89599-76-7

Año edición

2019

Editorial

Instituto de Estudios Vigueses

Prazo de entrega