Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OBRA COMPLETA DE MARÍA MARIÑO

€16,85
ISBN 9788497824910
Obra completa, recolle Palabra no tempo e Verba comeza, os dous títulos que conforman a obra poética coñecida ata agora de María Mariño, precedida dun estudo biobibliográfico de Victoria Sanjurjo Fernández.

María Mariño foi unha das máis singulares e persoais voces de toda a poesía galega de posguerra. Resulta especialmente sorprendente pola destrución que realiza da linguaxe, sobre todo no plano da sintaxe, a fin de lograr a máxima forza expresiva para a comunicación das súas vivencias máis íntimas, feito que levou a Uxío Novoneyra a cualificala como “dinamiteira da fala”. A súa orixinalísima poética está presidida por un intimismo radical, onde o desacougo xorde da propia conciencia da morte; os seus versos énchense, daquela dunha abraiante beleza interior: sombriza e preñada de tristura, que se combina cunha percepción especial da paisaxe como vivencia profundamente íntima. Estamos ante unha poeta radical e decididamente singular.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego