O xantar da memoria

17,00

Este libro puidera ser unha versión memorística e gastronómica do mito do eterno retorno ó paraíso da infancia, sempre unha reivindicación da mesa coa base da amistade e un andar polo mundo descubrindo o que hai de propio e diferente en cada restaurante, en cada lareira, en cada tixola.

PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO 2004

Hay existencias

Category:

O director de El Progreso de Lugo, Luís Rodríguez, tamén coñecido como Lois Caeiro, dá conta das súas experiencias no eido gastronómico neste libro. Semella ir na procura dos sabores perdidos ó través da súa experiencia como xornalista e ávido observador da realidade.

Este libro puidera ser unha versión memorística e gastronómica do mito do eterno retorno ó paraíso da infancia, sempre unha reivindicación da mesa coa base da amistade e un andar polo mundo descubrindo o que hai de propio e diferente en cada restaurante, en cada lareira, en cada tixola.

A recopilación das súas crónicas periodísticas reflíctense nesta obra gañadora do premio Álvaro Cunqueiro ó mellor traballo publicado nun xornal en galego.