O viaxeiro perfecto

15,50

Mario, un condutor, e Raimundo Martín, un ancián nada corrente, coinciden nunha ambulancia. Sen que ningún dos dous o pretenda, quedan unidos por un vencello inexplicable, coma se compartisen inconscientemente a solución dun enigma.

Hay existencias

Ese vínculo descoñecido vainos levar a facer unha viaxe, a derradeira viaxe de Raimundo. A vida de ambos vaise despregar conforme o coche percorre quilómetros. O tempo estenderase polo espazo coma quen desenrola unha alfombra na que os debuxos parecen estar dispostos seguindo a orde do azar. O viaxeiro perfecto amosa non como son as cousas en realidade senón como son realmente as cousas, tendo en conta que, as máis das veces, coma nas aventuras de ficción, a vida é accidentada e está dominada polas circunstancias. Cunha prosa ateigada de revelacións e faíscas inesperadas, da que o humor tamén forma parte, o autor de O imposible de desatar (Premio Blanco Amor 2010) crea dous personaxes inesquecibles, na xinea de James Boswell e o Dr. Johnson, para introducirnos no que é unha insólita novela de viaxes.

García Campos, Iván
Iván García Campos (A Coruña, 1974) obtivo en 2008 o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo, instituído pola Fundación do Pedrón de Ouro, pola súa obra Unha casa chea de xanelas. A súa primeira no-vela, O imposible de desatar, recibiu o Premio Blanco Amor en 2010. Tamén é autor do libro de relatos Cuestións vitais secretas (2014).

 

Peso 0.100 kg
Autor

Iván García Campos

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-9151-423-7

Nº de páginas

204

Año edición

2019

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega