Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O TTIP

por VV.AA.
€16,65
ISBN 8484873426
O Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP). Para Galiza, nación sen Estado, é un novo perigo na resolución dos nosos problemas desde a nosa propia capacidade de decisión e para vivirmos das nosas propias riquezas

Os acordos da Organización Mundial do Comercio e os Tratados de Libre Comercio bilaterais ou rexionais responden á lóxica xeopolítica da expansión mundial do capitalismo, permitindo que as transnacionais e os conglomerados fi nanceiros conten cun sistema universal de control económico, a través de obras de enxeñería xurídica que operan como un búnker contra todo aquelo que cuestione ás regras do libre mercado. O Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP), en negociación opaca pola Unión Europea e os Estados Unidos, responde a esa lóxica, en que se inclúe o Acordo Económico e Comercial Global (CETA) xa negociado –tamén con total opacidade– pola Unión Europea e Canadá. A súa aprobación implicará un golpe brutal á soberanía dos Estados (moitos deles xa intervidos economicamente), ao quedar supeditada aos desexos das transnacionais (blindadas con medios privados de solución de conflitos ad hoc), provocando ademais un retroceso inédito nos nosos dereitos económicos, sociais, alimentarios e ambientais máis elementais e unha nova xeira de privatizacións e depredacións do Público. Para Galiza, nación sen Estado, é un novo perigo na resolución dos nosos problemas desde a nosa propia capacidade de decisión e para vivirmos das nosas propias riquezas. Un cabalo de troia ao que se enfronta este libro con argumentos críticos á lóxica xeopolítica da globalización do capitalismo (imperialismo) e cimentados na aposta democrática do dereito a decidir das persoas e dos pobos en que estas se integran (soberanía)

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego