O trasno de Alqueidón

8,90

Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1996

Este libro está formado por tres contos: «O trasno de Alqueidón» Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles.

Hay existencias

Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man.»Neve na Amaía» Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico.»Chave de Ponte, Chave de Carballo» Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.

.

Peso 0.200 kg
Autor

Marilar Aleixandre

Idioma

Galego

Nº de páginas

72

ISBN

978-84-8302-755-4

Edad recomendada

A partir de 12

Encuadernación

Rústica cosido a fío

Año edición

2002

Editorial

Xerais

Prazo de entrega