Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O TEU, O MEU...

€7,00
ISBN 9788497497275
Exposición de fotografía e video instalación. O proxecto reflexiona sobre os límites do espazo individual e o espazo colectivo, sobre a necesidade das identidades individuais para poder construír as identidades colectivas e destas para conseguir unhas de maior rango. A través das 6 pezas seguintes que implementarán fotografía, vídeo e instalación, ademais de proxección exterior -contacto, malla- mediante web2.

PEZAS 1.- FOTOCESIÓN: conducirase ao visitante a través duns biombos-corredor con pouca luz, cara a un espazo fortemente iluminado diante dun falso espello, ao chegar a este punto dispararase unha cámara situada detrás do cristal mediante o automatismo correspondente (barreira de infravermellos), a continuación outro corredor conducirá á saída, antes da cal colócase un panel informatizado de interactuación controlado de forma deslocalizada (xestión informática remota), onde o visitante pode autorizar ou denegar o permiso para que a súa imaxe poida ser utilizada na exposición, incorporada ao proxecto artístico. Implicará pois ao público pondo en xogo a súa imaxe. (conexión con pezas 5 e 6). 2.- MIRADAS NECESARIAS: exposición de 10 imaxes e 11 textos nos que se usará a fotografía de fotógrafxs realizando o seu traballo nas diversas áreas nas que se utiliza tradicionalmente esta disciplina, coa particularidade de ter os ollos vendados, e reflexionaráse sobre a necesidade persoal e social do seu traballo, con textos adaptados a cada situación. 3.- E TI QUE MIRAS!: montaxe de 12 fotografías de lentes graduadas e lentes de sol, que simbolizan as identidades individuais e colectivas, a súa suma e o seu enfrontamento para construir a comunidade. 4.- O XASTRE E O seu MUNDO: instalación de vídeo que mostra unha persoa recortando as fronteiras dos mapas de distintos países, marcando patróns, coséndoas ... para acabar vestindo un auto-deseño do seu propio mundo. Presentarase o resultado na entrada á proxección. 5.- SUMAMOS (sala): Proxección das imaxes tomadas na primeira peza (FOTOCESIÓN) en bucle, incorporando periodicamente as novas tomas. Unha impresora situada nun nivel superior vai deixando caer estas imaxes (as máis recentes) que poden ser retiradas polo público, ou quedan sobre o chan. 6.- SUMAMOS (WEB): a identidade colectiva que se forma a partir de FOTOCESIÓN debe ter unha saída "ao exterior" unha confrontación con outras realidades, á procura de identidades de maior rango, isto facilitarase a través dunha web social específica que permita a interrelación, con comentarios, ligazóns, compartir noutros espazos sociais...
Liñas de investigación
  • Espazo de identidade individual
  • Espazo de identidade colectivo
  • Límites e interaccións entre eses espazos
  • Dereitos e deberes: Confrontación do Dereito á información, do Dereito á propia imaxe e do Dereito á propiedade intelectual e os deberes que implican
  • Métodos de participación semiautomática activa nos procesos de definición e identidade social. Integración da "técnica" na autodefinición social e na arte

____

Editorial: UNIVERSIDADE DA cORUÑA