Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O TECIDO DOS SOÑOS

€15,00
ISBN 9788417094911
"O tecido dos soños" gandúxase coas fías da memoria e do corazón. Velaí a arte alquímica da que se serve Teresa Pérez Tilve para hibridar realidade e ficción nun relato que é, a un tempo, testemuña dunha época e evocación entrañada do vivido.

No comezo da narración Laura chega destinada como mestra a unha parroquia do interior pontevedrés, producíndose un choque de mundos entre a súa vida formativa anterior (caracterizada polo ambiente universitario urbano, máis dinámico) e a súa nova realidade (unha Galicia case virxiliana, que semella ancorada no tempo). Laura ha descubrir ben axiña as precarias condicións nas que terá que desenvolver o seu labor de ensinante: a escola avellentada; a ausencia de escusados; a convivencia da aula coas cortes, parede medianeira por medio; a inexistencia do máis elemental material escolar; a desconfianza da veciñanza, que non acaba de ver claro a conveniencia de lle enviar as nenas e nenos ás clases. En fin, todo un mundo de penurias e escasezas que dificultarán grandemente a súa tarefa.    

____

Editorial: Edicións Fervenza
Idioma: Gallego