O tecido dos soños

15,00

«O tecido dos soños» gandúxase coas fías da memoria e do corazón. Velaí a arte alquímica da que se serve Teresa Pérez Tilve para hibridar realidade e ficción nun relato que é, a un tempo, testemuña dunha época e evocación entrañada do vivido.

Hay existencias

No comezo da narración Laura chega destinada como mestra a unha parroquia do interior pontevedrés, producíndose un choque de mundos entre a súa vida formativa anterior (caracterizada polo ambiente universitario urbano, máis dinámico) e a súa nova realidade (unha Galicia case virxiliana, que semella ancorada no tempo).

Laura ha descubrir ben axiña as precarias condicións nas que terá que desenvolver o seu labor de ensinante: a escola avellentada; a ausencia de escusados; a convivencia da aula coas cortes, parede medianeira por medio; a inexistencia do máis elemental material escolar; a desconfianza da veciñanza, que non acaba de ver claro a conveniencia de lle enviar as nenas e nenos ás clases. En fin, todo un mundo de penurias e escasezas que dificultarán grandemente a súa tarefa.

 

 

Peso 0.100 kg
Autor

: Teresa Pérez Tilve

Idioma

Galego

Nº de páginas

158

ISBN

978-84-17094-91-1

Encuadernación

Tapa dura

Año edición

2020

Editorial

Edicións Fervenza

Prazo de entrega