O saber do pobo Enciclopedia do traxe, danza e música tradicionais-3389
O saber do pobo Enciclopedia do traxe, danza e música tradicionais-3389

O saber do pobo Enciclopedia do traxe, danza e música tradicionais

41,85

Este volume ocúpase dun dos campos máis fértiles do nos patrimonio inmaterial, o do vizoso repertorio dos bailes e música tradicionais de Galicia e dalgúns elementos etnográficos relacionados con eles, como a roupa e os adornos indumentarios, os instrumentos musicais ou as celebracións e as actividades colectivas que ofrecían escenario para cantos e danzas

Hay existencias

Un coidado volume enciclopédico que recompila e actualiza, por vez primeira, toda a información dispoñible sobre o traxe tradicional galego, os seus tecidos, agremáns e as súas diferencias territoriais. Un estudio novidoso sobre os bailes (muiñeira, xota, fandango, zapateado, seguidilla), as danzas (gremiais, pagás, relixiosas), o cancioneiro e as reunións festivas (fiadeiros, seráns, malla, vesadas, muiñadas…) propios da cultural tradicional galega. Unha descrición detallada dos instrumentos do folclore galego (percutivos, de fricción e vento), que se completa co primeiro vocabulario específico sobre o noso floclore.A cantidade de fontes citadas ou consultadas e a profusión de información textual e gráfica que contén este libro singular no noso eido editorial non empecen a amenidade e transparencia das súas páxinas, que non son obra dun floclorista de academia, senón dun artista, Calixto Albán Laxe, que vive con paixón o baile tradicional de Galicia e ensina os seus segredos nas colonias galegas espalladas polo mundo.

Peso 0.999 kg