O párroco de Vejlby

11,00

noir nórdico comezou a fraguar coas primeiras historias criminais escandinavas das décadas de 1820 e 1830. En concreto, con tres textos de ficción: esta nouvelle ideada por Blicher (1829), Skällnora kvarn (1838) do sueco Carl Jonas Love Almqvist e Mordet paa maskinbygger Roolfsen (1839) do noruegués Mauritz Hansen. No caso específico de O párroco de Vejlby, tal é a súa importancia que foi seleccionada en 2006 como unha das doce obras que configuran o canon da literatura dinamarquesa.

Hay existencias

Este opúsculo traslada á ficción un caso criminal real acontecido en 1625. Á hora de reformulalo, o autor quixo dividilo en dúas partes diferenciadas: na primeira plasmou os fragmentos do diario de Erik Sørensen, o maxistrado encargado de xulgar a Søren Qvist, párroco acusado de asasinar o mozo Niels Bruus; na segunda, máis breve e posterior no tempo, optou por fiar o relato coas notas do señor Jens, párroco de Ålsø. Conxuntamente co xiro do final, tan xenuíno marco supón un dos puntos clave da obra, na medida na que evidencia o talento do autor para, por unha banda, facer unha exposición de caso e, pola outra, abrir a historia a interpretacións varias, sempre consonte as versións das testemuñas e dos implicados. Así pois, en certo sentido, bríndaselle ao lector a posibilidade de se erixir en xuíz e mesmo de confrontar os fundamentos do dereito e da xustiza.

 

 

 

 

Peso 0.100 kg
Autor

Steen Steensen Blicher

Idioma

Galego

Nº de páginas

70

ISBN

978-84-949713-8-9

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2019

Editorial

Hugin e Munin

Prazo de entrega