Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O PAÍS DA BRÉTEMA UNHA VIAXE POLA CULTURA CELTA

€14,50
ISBN WP4764
Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema do tempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro da cultura occidental.

Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema do tempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro da cultura occidental. Unha aproximación á grande epopea dos celtas irlandeses que durmiu semiagochada e dispersa durante séculos.Lugh, Breogán, Cú Chulainn, Finn, deuses, semideuses e heroes. O pálido rei Artur, o que desapareceu no océano celta rumbo á illa de Avalon, segue seducindo os europeos máis soñadores.N’O país da brétema recóntanse os latexos da alma celta desde a orixe, entre as brumas do mito e a lenda, ata o respirar das novas gaitas actuais.O embruxo dunha cultura que atrae inevitablemente os habitantes dun tempo que quere mitos, e dunha cultura que desconfía da maxia e do misterio.Desta obra xurdiu a necesidade de escribir un libro posterior, Morgún (Xerais, 2003).

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego