O neno mariñeiro

16,85

Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas. Alí, no barrio mariñeiro do Forte, dominaban os cheiros a pesca, a roupas de auga, a redes, e había un secadoiro de polbo e peixe.

Hay existencias

O mar estaba a rentes e rosmaba como un dragón desexoso de engulir a xente, con ventos que galgaban e miañaban como grandes feras.Novela de carácter autobiográfico, no ronsel de «Fins do mundo» e «Profecía do mar», obras esenciais na traxectoria literaria de Bernardino Graña, relata aqueles días de infancia, de fame e naufraxios nunha vila mariñeira do Morrazo, nos primeiros anos da guerra. Escrita cos fíos da memoria, retrata sen nostalxia e con humor a sociedade á intemperie da galerna e dos malos ventos de mar aberto, na que, a pesar das penalidades, a rapazada respiraba o aire salitroso con alegría. «O neno mariñeiro» é unha alfaia da literatura galega da memoria escrita por un clásico contemporáneo.

Peso 0.200 kg
Autor

Bernardino Graña

Idioma

Galego

Nº de páginas

144

ISBN

9788491212560

Año edición

2017

Editorial

Xerais

Prazo de entrega