O MUIÑEIRO OUVEADOR

18,50

Cando Gunnar Huttunen aparece nunha vila perdida de Laponia e decide mercar e pór en funcionamento o vello muíño que hai á beira do río Kemi, os labregos da veciñanza rinse del.

Hay existencias

Só a un tolo se lle ocorrería afrontar semellante proxecto. E aínda que deberán renderse á evidencia do éxito da empresa, aquel extravagante individuo, capaz de engaiolar durante veladas enteiras aos rapaces da aldea coas súas imitacións de animais e de veciños, revela un defecto que os fará reafirmarse no seu primeiro diagnóstico: nos momentos de tristura Gunnar –Kunnari para os veciños– ouvea.

As noites pasadas en vela polos aldeáns por causa dos ouveos serviranlles de pretexto para intentar encerrar nun manicomio o imprevisíbel muiñeiro. Porén, Gunnar, axudado pola adorábel Sanelma Käyrämö, tratará de defender a súa liberdade con todas as forzas.

Peso 0.100 kg
Idioma

Galego

Nº de páginas

252

ISBN

978-84-17388-18-8

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2019

Editorial

Rinoceronte

Prazo de entrega