O monte é noso: As mulleres e a conflitividade social no medio rural galego durante o franquismo

10,00

Rosa, Josefa, Isolina, Dorinda ou María son só os nomes dunhas poucas valente que loitaron polos seus dereitos sobre a terra, sobre aquel monte veciñal que consideraban seu, xerando unha vaga de protestas que foron erosionando, aínda que en pequena medida, a lexitimidade do Réxime no medio rural.

Hay existencias

A historia de Galicia, e máis en concreto a historia das mulleres en Galicia, non se construíu só de nomes célebres como os de Isabel de Castro ou María Pita, senón tamén de nomes anónimos que, en tempos tan duros como os da ditadura franquista, souberon e tiveron o valor de defender con ardor aquilo que consideraban seu. Rosa, Josefa, Isolina, Dorinda ou María son só os nomes dunhas poucas valente que loitaron polos seus dereitos sobre a terra, sobre aquel monte veciñal que consideraban seu, xerando unha vaga de protestas que foron erosionando, aínda que en pequena medida, a lexitimidade do Réxime no medio rural. Este traballo evidencia que a actitude dunha parte da poboación feminina non se caracterizou pola pasividade nin a submisión incondicional ao Goberno, pois non eran aqueles suxeitos pacíficos e carentes de personalidade, capacidade de decisión e ideais que a propaganda e o discurso do Réxime pretendía mostrar.

Peso 0.1 kg
Autor

Freire Cedeira, Araceli

Idioma

Galego

Nº de páginas

110

ISBN

9788498878424

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2002, 2012

Editorial

USC

Prazo de entrega

EXISTENCIAS

SI