Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O MARIÑEIRO CON CABALOS MATUTINOS BAIXO O VESTIDO

€10,00
ISBN WP1361
O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido é unha obra baseada na innovación da imaxe lírica. Escondido tras o heterónimo de Elías Knörr, o autor entra con forza na literatura do país das sagas, á vez que traza un diálogo poético entre a súa obra en galego e a súa creación en islandés. Na edición orixinal (Stella, 2010)

O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido é unha obra baseada na innovación da imaxe lírica. Escondido tras o heterónimo de Elías Knörr, o autor entra con forza na literatura do país das sagas, á vez que traza un diálogo poético entre a súa obra en galego e a súa creación en islandés. Na edición orixinal (Stella, 2010) o libro foi presentado deste xeito: “Sjóarinn með morgunhestana undir kjólnum presenta a un poeta na busca de novas ribeiras. O autor faise mariñeiro para ampliar o horizonte. Os poemas son capturados nas redes igual cá pesca, ou van á deriva polo mar ata que os atopa varados na praia(..)." Elías Knörr é o alter ego de Elías Portela (Cangas do Morrazo, 1981), poeta e tradutor en galego (Imaxes na pel, 2008, e Cos peitos desenchufados, 2010) e islandés. Con este pseudónimo medieval foi escollido coma un dos tres poetas máis representativos da lírica actual islandesa, na centésima edición da Poetry Review do Reino Unido, xunto co venerable Sjón e mais Kári Tulinius. O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido é o seu primeiro libro en islandés.

____