Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O MARABILLOSO SOÑO DUN GRAN NIÑO DE NECIOS

€14,00
ISBN 9788417388300
Apareceu en Salzburgo no ano 1703 e pertence a unha literatura moi antiga de carácter didáctico-satírico, denominada Narrenliteratur ou “literatura da necidade”. Detrás do texto de Abraham a Sancta Clara atópase unha tradición moi sólida que vai desde a sátira romana coa súa tipoloxía de necios, ás festas de necios, á institución do bufón da corte e á literatura épica-didáctica da Alta Idade Media, pasando pola figura do necio no teatro popular ou os Fastnachtsspiele (xogos de entroido ou burlesques literarios) de finais da Idade Media. Entre os séculos XIV e XVII, atopamos unha inxente cantidade de sainetes, farsas, catálogos ou sátiras de necios como A nave dos necios (1494) de Sebastian Brant, o Eloxio da loucura (1511) de Erasmo de Rotterdam ou A conxura dos necios (1512) do franciscano Thomas Murner. Abraham é, sen dúbida, mensaxeiro dunha longa tradición e o derradeiro representante significativo da retórica de púlpito con carácter humorístico-satírico.

N’O marabilloso soño dun gran niño de necios Abraham exerce a función dun crítico para desenmascarar as necidades dun namorado, dun paduán, dun avaro, dun borracho ou dun vago, entre outros. O autor ofrece un catálogo de necios, dos seus vicios e erros, e invita o lector a sacar as súas propias conclusións. Con esta edición, o galego convértese na primeira lingua románica que recolle a obra dun dos escritores máis importantes do barroco.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego