O libro da Selva

16,00

Un neno que apenas sabe andar aparece na cova de Nai Loba e Pai Lobo. Perségueo o tigre Shere Khan, pero Nai Loba o escorrenta á entrada da cova. A manda de lobos converterase na nova familia do pequeno, quen será criado entre eles como un lobeto máis.

Hay existencias

 Mowgli, a Ra, chamado así porque non ten pelo, aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade e o compañeirismo. Porén, cando Mowgli medra, vese na obriga de abandonar a manda e volver cos seres humanos, perdendo así gran parte da súa identidade. N’O libro da selva, Rudyard Kipling descóbrenos o finas que poden chegar a ser as diferenzas entre a vida salvaxe e a humana, entre a natureza e a sociedade. Este clásico da literatura universal é un conxunto de relatos que mantén a súa unidade mentres transcorre a historia de Mowgli. Logo conta diferentes historias con personaxes moi diversos, como a foca branca Kotick ou a mangosta Rikki-Tikki-Tavi.
Peso 0.2 kg