O home traveseiro

23,90

Na cidade de Kamenice, nun lugar indeterminado da europa Central, varios meniños e meniñas desaparecen.

Hay existencias

Os detectives Tupolski e Ariel deteñen e levan á comisaría dous irmáns, Katurian e Michal, logo dun rexistro na súa casa, onde atoparon probas que os poderían incriminar. O primeiro é un escritor de relatos que traballa no servizo de limpeza do matadoiro da cidade, mentres o segundo acode a un centro ocupacional para persoas con diversidade cognitiva. A medida que progresa o seu interrogatorio iranse ofrecendo detalles da vida de ambos, saberemos o tipo de relatos que escribe o maior dos irmáns e coñeceremos a sorte dos nenos e nenas desaparecidos. Pero tamén poderemos ler algunhas historias especialmente arrepiantes na mellor tradición da literatura popular infantil.

McDonagh, Martin
(Londres, 1970) é un dos autores dramáticos máis relevantes da escena británica e irlandesa das pasadas décadas, desenvolvendo igualmente unha notable carreira no eido do cine, como escritor de guións e director. En ambos os campos recibiu numerosos premio, desde un Oscar á mellor curtametraxe por Six Shooters (2005) ata un Globo de Ouro por Three Billboards Outside Ebbing, Missouri (2017). Como dramaturgo recibiu o Premio Lawrence Olivier en tres ocasións e foi finalista nos Tony en catro. Unha parte importante da súa obra, como A raíña da beleza de LeenaneUn cranio furadoOeste solitarioO tolleito de Inishmaan e O home traveseiro, foi representada en Galicia, onde tamén obtivo numerosos premios e unha moi favorable acollida da crítica.

 

 

Peso 0.100 kg
Autor

Martin MacDonagh

Idioma

Galego

Nº de páginas

172

ISBN

978-84-9151301-8

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2019

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega