O DUQUE ERNESTO

15,00

O libro, escrito orixinariamente en verso, relátanos a historia do duque Ernesto de Baviera, orfo de pai dende cativo, cuxa nai, Adelaida, é cortexada polo emperador Otón e casa fi nalmente con el. O seu padrasto amósalle en principio unha gran simpatía, tratándoo coma o seu propio fillo.

Hay existencias

Herzog Ernst, ou O duque Ernesto foi, como nos indica o número de manuscritos que conservamos del, un dos libros máis populares de toda a Idade Media alemá; supón, neste senso, un bo exemplo da literatura de entretemento da época, co seu gusto polas aventuras e os mundos exóticos. O libro, escrito orixinariamente en verso, relátanos a historia do duque Ernesto de Baviera, orfo de pai dende cativo, cuxa nai, Adelaida, é cortexada polo emperador Otón e casa fi nalmente con el. O seu padrasto amósalle en principio unha gran simpatía, tratándoo coma o seu propio fillo. Mais outro nobre emparentado con Otón, envexoso da posición de Ernesto, comeza a intrigar, provocando que a boa relación se rompa e que o emperador acabe acusando a Ernesto de traizón. Tras loitar durante un tempo contra o emperador, Ernesto non ten máis remedio que abandonar o país e unirse ás cruzadas acompañado dun fato de homes fieis. Mais unha tormenta desvíaos do seu primeiro obxectivo, e Ernesto emprende unha viaxe a Oriente na que visita estraños países e vive numerosas aventuras. Tras obter sona e honor en Oriente, regresa a Alemaña, onde o emperador acaba aceptando a súa inocencia e admitíndoo na corte. Nalgún intre os críticos clasificaron o Herzog Ernst dentro da denominada Spielmannsepik ou “épica de xograres”, pois considerábase que fora obra de xograres errantes; un produto da oralidade que se puxo finalmente por escrito. Esta hipótese, se callar reforzada polo feito de non coñecermos o autor, está arestora desbotada: tanto a linguaxe como a estrutura do libro son demasiado complexas para que fose así.

Peso 0.100 kg
Autor

Anónimo

Idioma

Galego

Nº de páginas

118

ISBN

978-84-17388-37-9

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2020

Editorial

Rinoceronte

Prazo de entrega