A trama céntrase nunha familia da alta burguesía, os Rasimkara. Para contrarrestar o malestar estudantil, o gobernador de San Petersburgo pecha a universidade e marcha coa familia –a súa dona Lusinja, as súas fillas Katja e Jessika e mais o seu fillo Welja– á súa residencia estival, onde de novo será ameazado de morte. Gaña peso entón a figura de Lju, un alto funcionario do goberno que exerce como secretario do pater familias así como de escolta, en previsión de posibles atentados revolucionarios. Na segunda metade do século pasado, a novela coñeceu adaptacións radiofónicas e longametraxes cinematográficas.