Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O CONTADOR DE ESTRELAS

€10,20
ISBN 9788416834129
«O contador de estrelas» é unha novela sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madureza dunha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade.

Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando a nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Xuntos enfrontaron os incendios que provoca o misterioso Piloto Vermello. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía.

____

Editorial: Oqueleo
Idioma: Gallego