O Camiño do Carro

12,20

Con motivo da celebración do Centenario do Concello de Vilagarcía de Arousa o grupo enxebre de gaitas “Os Terribles de Arousa” realizaron unha escolma de melodías tradicionais e populares representativas dos concellos fusionados: Vilaxoán de Arousa, O Carril e Vilagarcía de Arousa.

Hay existencias

O repertorio deste novo traballo é de 14 pezas representativas do feito musical galego, muiñeiras, xotas, canto de nadal, pezas de charanga, melodías de moda do primeiro cuarto de século etc.
O Camiño do Carro é o cuarto traballo discográfico do grupo, antes publicaron Os Terribles de Arousa (1998) na colección Os Nosos Gaiteiros, No ramo de Herbón (2002) e No toldo de san Cibrán (2005).
O título fai alusión a un carreiro que atravesa os viveiros de ameixa e berberecho do Carril, por suposto visible na baixamar.

Peso 0.2 kg